Site icon Crónica3.com A Mariña

‘A obra de Castelao en sombras’ e a presentación de dous libros de Paco Rivas en Foz

Foz, 23 de abril de 2016. Dentro da Programación das Letras organizada pola biblioteca pública municipal focense, e concretamente para conmemorar o Día do Libro, Foz acolleu este venre o obradoiro A obra de Castelao en sombras, a cargo de A Xanela do Maxín e no que participaron alumnos do IES da localidade. E tamén tivo lugar a presentación de dous libros do escritor Paco Rivas.

A primeira actividade estaba incluída no programa Ler conta moito, da Consellería de Cultura, da Xunta de Galicia, e nela rapazas e rapaces reproduciron mediante teatro de sombras algunhas das viñetas do autor, debuxando en cartolinas ou transparencias os personaxes e decorados, para despois animalos a través dun teatriño.

E na tarde noite tivo lugar no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Manuel María a presentación dos libros de Paco Rivas Entre o abalo e a zarando. Diccionario léxico do mar e De punta a chicote. Así falan os mariñaos. No acto participou a concelleira de Cultura focense, Silvia Blach.

Exit mobile version