O próximo xoves, 28 de abril, terá lugar en Vegadeo a primeira xuntanza do Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera Oscos Eo e terras de Burón na que participará a Plataforma pola Defensa da Ría como representante do sector ecoloxista.
A Plataforma presentará un documento para debater no apartado de rogos e preguntas propoñendo que o Foro se dirixa ao Ministerio de Fomento, Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao e Concello de Ribadeo para pedirlles que suspendan o proxecto de construcción dun Hotel, cafetería, aparcamentos, etc, no faro da Illa Pancha de Ribadeo por entender que é un proxecto que vai en contra dos obxectivos da Reserva e que a súa construción causaría danos irreversibeis non só no concello de Ribadeo senón no conxunto da comarca incluída na Reserva.
O documento recolle o sentir da plataforma que considera que “a instalación dun minihotel e cafetería na Illa Pancha, mais os elementos de promoción e as condicións de seguridade previstas pola Autoridade Portuaria supoñen un impacto negativo moi considerable para o conxunto Illa-Faro que contradí algunhas de directrices e criterios do Plan de Xestión para o Desenvolvemento Sostible da Reserva, como imos resumir deseguido:
1.- No que atinxe ás estratexias transversais consideramos que a transformación que supón o proxecto é contraria á proposta de “Creación dunha marca de calidade…” que tería como primeiro obxectivo a conservación de espazos tan singulares como o afectado.
2.- Tamén choca abertamente ca redacción dun “Inventario e catalogación de elementos de interés natural e cultural”.
3.- No punto referente ao “Desenvolvemento dun turismo sostible” suliñamos os párrafos seguintes: Uno de los efectos esperados tras la designación de un lugar como Reserva de la Biosfera es la mejora de su imagen, a través de una mayor proyección exterior y difusión de sus valores. Esto tiene frecuentemente un efecto positivo en la afluencia de visitantes al lugar y en el desarrollo turístico del área. Esta circunstancia debe hacerse compatible con los objetivos de conservación de la Reserva, a la vez que el uso público y el turismo constituyen un potente elemento dinamizador de la misma.
Ordenación del uso público que dirija las actividades de recreo hacia zonas menos sensibles, a través de un plan de excelencia turística del territorio de la Reserva.
Mejora y desarrollo de la oferta turística, haciendo especial hincapié en el apoyo a las modalidades de turismo rural, la mejora de la calidad y la sostenibilidad de los alojamientos, y la potenciación del turismo cultural, gastronómico y de naturaleza.
Promoción de programas destinados a la desestacionalización de la actividad y a la creación de nuevas actividades de ocio, prestando especial atención a mercados de visitantes extra-regionales.”
Polo tanto, “faise patente que o proxecto que discutimos está inspirado nunha concepción utilitaria, depredadora, dificilmente sostible, marcadamente estacional, que afectará negativamente a imaxe exterior da reserva e á atracción de visitantes e é radicalmente contraria ao espírito conservacionista e sostible dos párrafos anteriores”.
Pola outra banda, a zona afectada por este proxecto está incluída na Zona ZEPA da Ría de Ribadeo, Convenio Internacional de RAMSAR, Rede Natura 2000, con especial implicación na normativa galega asi como na lexislación e Catálago de paisaxes da Xunta de Galicia, actualmente en fase de tramitación.
“Por todos estes motivos que consideramos perfectamente fundamentados e tendo en conta que este proxecto está actualmente en fase de tramitación e no caso de comezar as obras o impacto sería dificilmente reversible propoñemos ao Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera que tome un acordo preventivo sobre este tema propoñendo ás autoridades implicadas (Ministerio de Fomento, Xefatura de Portos e Concello de Ribadeo) que suspendan definitivamente este proxecto por contravenir directamente varias das directrices desta reserva e particularmente por xenerar un impacto exterior altamente negativo para tódolos concellos e sectores implicados contribuindo a desvirtuar, degradar e empobrecer os obxectivos, esforzos e investimentos actuais e futuros para conquerir os beneficios previsiblemente derivados das actividades dos grupos de traballo da reserva”.