Site icon Crónica3.com A Mariña

A TVG gravará en Viveiro o primeiro capítulo do novo programa para prime time ‘Álbum de viaxe’

O primeiro capítulo do programa Álbum de Viaxe, que se emitirá nun prime time da TVG, gravarase este sábado 23 de abril de 2016 en Viveiro. A dinámica deste programa consistirá no desprazamento de diversas familias a distintos puntos de Galicia para que pasen un fin de semana, durante o que deberán sacar fotografías dos lugares que visitan e, ao final do programa, entre os álbums realizados por cada unha das familias, premiarase o mellor.

Viveiro foi un dos lugares escollidos para a gravación do primeiro capítulo e ata aquí desprazarase unha familia de Ourense composta por un matrimonio, dous fillos e a avoa. O inicio da gravación no noso municipio terá lugar no eucaliptal de Chavín, onde a familia será recibida por Marisol Rey Yáñez, Concelleira de Turismo.

Exit mobile version