Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA outorga a 8 asociacións ribadenses os 4.000 euros destinados a patrocinios neste 2016

Ribadeo, 22 de abril de 2016. Acisa outorgou a oito asociacións ribadenses 4.000 euros en axudas, trala convocatoria realizada entre o 15 de febreiro e o 15 de marzo. Acisa acordou conceder patrocinios con cargo aos orzamentos de 2016 para promover a realización de eventos e actividades de diferente índole que estean encamiñadas ao fomento e dinamización do comercio e a hostalería ribadense.

Esta semana notificou por carta a todos os solicitantes das axudas a resolución de devandita convocatoria. O reparto foi o seguinte: a asociación de Amigos da Semana Santa recibe 600 euros, do mesmo xeito que a Cabalgata de Reis; Motoclub AlCorte Ribadeo percibe 300 euros; a SD Ribadeo recibe 600 euros; a asociación deportiva de veteranos do Ribadeo FC outros 600 euros, do mesmo xeito que o Ribadeo FC; o Ribadeo FS obtén 400 euros e a Heroican Race 300 euros.

A directiva de Acisa explica que “estas cantidades foron concedidas como patrocinio a estas asociacións, ao considerar que realizan actividades beneficiosas para o comercio e a hostelería asociada. Dita contía é a achega que se realiza para todo o ano e os beneficiarios teñen a obrigación de facer figurar o nome de Acisa como patrocinador en todos os eventos que organicen ao longo do ano”.

Exit mobile version