Site icon Crónica3.com A Mariña

APAGA participa en Alemaña nunhas xornadas de cooperación transnacional que tiveron aos refuxiados como protagonistas

Ribadeo, 25 de abril de 2016. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia estivo presente en Alemaña nunhas xornadas de cooperación transnacional, que tiveron aos refuxiados como protagonistas.

Baixo o nome de “Education, Participacion, Integration – Erasmus + and Refugees” a actividade desenvolveuse na localidade alemá de Essen hai uns días. Alí estivo o profesor de Apaga Pablo Fernández González. As xornadas deron comezo coa benvida por parte de Klaus Fhale da Agencia Nacional Alemana e o Instituto Federal de Formación Profesional BIBB; houbo unha exposición oral por parte do escritor e periodista Rasha Abbas sobre “La Llegada a una sociedad extranjera. Cómo puede contribuir la educación”, y por parte del joven artista e ilustrador gráfico Vile Tietäväinen sobre “Manos invisibles. Europa a través de los ojos de inmigrantes indocumentados”.

En Essen os asistentes participaron en talleres sobre educación superior, formación profesional, educación de adultos, educación escolar e xuventude.

Exit mobile version