Site icon Crónica3.com A Mariña

As ED Lourenzá presentan unha colección de cromos con tódolos seus deportistas, dirixentes e adestradores

Os 260 deportistas das Escolas Deportivas de Lourenzá protagonizan unha colección de cromos que será presentada este venres 15 de abril a partir das 20.00 horas no pavillón municipal.

O acto estará presidido pola Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, así como polo Presidente das Escolas, Pablo Maseda. Ademais de estar ambas personalidades, estarán presentes os presidentes das entidades vinculadas: Atletismo Lourenzá, Mondoñedo Fc, AD Salto do Coro, Ensino Lugo e 7 Voltas Ciclismo; así coma os patrocinadores da entidade.

Esta colección coincide como un dos actos estrela do 20 aniversario do clube fundado en 1996, polo que estarán tamén os presidentes das etapas anteriores. Está composta por preto de 350 cromos a toda cor, retrata a xogadores, directiva e corpo técnico de todos os equipos e categorías.

Ter o seu propio álbum de cromos era un luxo que, ata fai moi pouco, só os clubes de fútbol de Primera División podían permitirse. A partir do venres ás 20.00 horas Lourenzá terá o seu propio álbum de cromos da temporada 2015-2016. A colección inclúe instantáneas de xogadores, técnicos, equipos e directivos que integran as Escolas, ademais dun breve repaso á historia da institución nas verbas dos seus presidentes e fundadores.

A colección poderase atopar en tres librerías: Josgua en Lourenzá, Papelbytes en Mondoñedo e Folder en Ribadeo.

Todos os alumn@s que acudan á presentación recibirán un álbum de regalo así como un sobre de cromos.

Exit mobile version