Site icon Crónica3.com A Mariña

As xornadas “Ribadeo no Camiño: presente e futuro” desenvolveranse este venres 29 e sábado 30

image004Ribadeo, 28 de abril de 2016.- Os vindeiros venres 29 e sábado 30 abril o Concello de Ribadeo organizará unhas xornadas arredor do Camiño de Santiago: RIBADEO NO CAMIÑO, presente e futuro, en colaboración coa Asociacións Pena Tallada e Francisco Lanza

Aproveitando que o ano 2016 está adicado ao camiño norte e primitivo, logo de ser declarado Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO, queremos salientar a importancia cultural e socieconómica deste recurso inmaterial para o noso Concello.

As xornadas comezarán o día 29 de abril, cun debate aberto onde se tratará e expoñerá, a evolución do Camiño de Santiago como recursos turístico para xerar riqueza e valor cultural, así presentárase diferentes iniciativas de emprendurismo que están en funcionando ao longo do Camiño e falarannos das diferentes oportunidades e alternativas de negocio que existen arredor deste.

O día 30 de abril, haberá unha andaina de “Ponte a ponte” na que percorreremos o tramos do Camiño Norte ao seu paso polo concello de Ribadeo. Comezará as 11h con saída do albergue de peregrinos (ponte dos Santos) e chegará ao Santuario de Nosa Señora das Virtudes (Ponte de Arante)

Venres 29 de abril ás 20.00h na Casa do Mar_ “Experiencia e alternativas de negocio no Camiño de Santiago.”

Ø Interveñen

-Para falar dos inicios do Camiño do Norte (20 minutos)

Manuel Valín Valdes_Estudoso do camiño.

-Para falar diferentes iniciativas de emprendurismo entorno o camiño (como surxiu a idea de crear a súa empresa, que tiveron en conta, cal é a súa opinión do camiño como recurso turístico cun gran potencial socioeconómico)(10-15 min cada ponente)

Maria Núñez Pertejo_Responsable da oficina de receptivo no Camiño da axencia de viaxesTeeTravel.Axencia de viaxes maiorista –minoristaco sede en Vilagarcía de Arousa

Jose María Díaz Bernárdez_ Propietario da tenda onlinePeregrinoteca.
info@peregrinoteca.com

BernardoXabier Niño Neira_Xerente do Albergue Cantábrico A Fonsagrada.
info@cantabricofonsagrada.com

AlejandroArnesto _Xerente da empresa Cateringcaminodesantiago.com
info@cateringcaminodesantiago.com

Roberto Fraga_ Promotor dePilgrim Global Solutions, proxecto multidisciplinarasentado no desenvolvemento de sistemas de xestión integrados baseados na xeolocalización, aplicacións móbiles multinivel e novos métodos de pago máis seguros e eficientes para potenciar a actividade turística, de forma específica o Camiño de Santiago.
Roberto.fraga@pilgrim.es

-Para falar dun proxecto en “camiño” (10-15 min):

Henri Perez López_Promotor do 1º Albergue privado do Concello de Ribadeo.
info@santacruzribadeo.com
Ø Lugar:

Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo.
Ø Hora:

20.00h

Exit mobile version