Site icon Crónica3.com A Mariña

Billardeiros Musicais pasan o rolo

billarda-pastorizaNovena xornada a disputada o pasado sábado na pista exterior do CEIP “El Salvador” de A Pastoriza ante a imposibilidade de utilizar o campo de Vian por mor de encontrarse impracticable.

Tempo indeciso de amolante vento racheado que de cando en vez nos agasallaba con lixeiras pingueiras, pero nada serio para os bravos palanadores que culminaron a xornada sin maiores atrancos cos de esforzarse en acadar as mellores puntuacións.

Pista longa abofé. Só dous varados na tarde e os dous na cuarta carreira, acadados por o “Carabullo de Teixo” Migho e por Pepe Vidal de “O Cadaval”.

Viuse outro espectacular por parte de Rubén (rookie deste ano nas filas dos Billardeiros Musicais) pero ao ser en rolda de desempate para postos de podio, non contabiliza como tal.

Ata a terceira carreira foron moitos os que aguantaron o tipo, pero foi nas dúas derradeiras donde comenzaron a flaquear as forzas e pequenos erros fixeron grandes extragos. A puntuación viuse moi afectada deixando un so gañador destacado. Daniel fíxose ca bola de liscos con vintecatro puntos sobre os vintecinco en xogo.

Os que mais se achegaron foron Geni e Rubén (compañeiros de equipo do campión), con cadanseus vinte puntos. Nas dúas carreiras de desempate, a xuventude de Rubén impúxose craramente a veteranía de Geni. Gañou as dúas carreiras pechando ao gran campión, con un espectacular varado que non serve para puntuar pero si contabilizou para súa satisfacción persoal.

O monocolor podio desta xornada quedou completo co equipo, que como ven sendo costume, mais unha vez foron os Billardeiros Musicais de Ribadeo.

Os gañadores recibiron os trofeos da xornada e máis a “bola de liscos” (unha para o campión e outra para o mellor equipo), que gustosamente cortaron en anacos na propia pista e repartiron entre todos los presentes, pechando deste xeito e disfrutando en perfecta camaradería unha xornada mais de billarda.

O vindeiro sábado dia 23 xogarase a penúltima xornada da tempada na enxebre carballeira de Mosteiro-Pol.

As clasificacións logo desta sexta novena xornada quedan así:

Individual: Regueiro 172 p., Pepe Outeiro 171 p., Daniel 165 p., Manu Pozo 161 p. e Suso Coedo 154 p.

Donas: Geni 130 p., Lola Eiras 68 p. e Paula 62 p.

Varados: Con 3 varados Tonecho, con 2 Chousa, Geni, Luis Saavedra,Markytos, Oscar, Pepe Outeiro, Regueiro e Santi.

Equipos: Billardeiros Musicais 690 p., O Cadaval 590 p., Troitas Bravas 475 p.

Exit mobile version