Site icon Crónica3.com A Mariña

Búscanse voluntarios para axudar na organización do Galego de Dúatlon Escolar en Mondoñedo

DSC_0103Mondoñedo, 19 de abril de 2016.- O próximo día 7 de maio Mondoñedo celebrará o galego de Dúatlon escolar, participando tres alumnos da Asociación Salto do Coro. A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo e a Asociación Salto do Coro, que colaboran na organización están a buscar voluntarios para axudar na organización de tal evento.

Espéranse un mínimo de 250 participantes e a proba en se moverá unhas mil persoas entre organización e acompañantes.

A proba terá como centro esta vez a Alameda dos Remedios, saíndo desde alí tanto a parte a pé como a de bicicleta.

Calquera persoa que queira colaborar pode chamar ao teléfono 605790091. Este venres farase a primeira reunión de voluntariado ás 21 horas na Casa da Xuventude.

Exit mobile version