Site icon Crónica3.com A Mariña

Cea baile anual da Fundación Eu Son

A Fundación Eu Son celebra este sábado 30 de abril unha nova edición da súa cea baile anual. Este ano o evento terá lugar no Pavillón dos Institutos de Burela e o servizo de catering correrá a cargo do restaurante Palacio de Cristal. Este evento reúne cada ano a usuarios, familias, profesionais, colaboradores co obxectivo de recadar fondos para os proxectos que desenrola a entidade. Este ano o acto contará coa actuación de Jony Ramos e a continuación a velada será amenizada por un DJ. O prezo da cea é de 30 euros entre o menú (25) e o donativo (5). No transcurso da cea celebrarase o sorteo dunha cesta de peixe doada por ABSA entre todos os asistentes.

Exit mobile version