Site icon Crónica3.com A Mariña

Cea-Baile en Vegadeo a favor da Fundación Edes o sábado 16

cena baileVegadeo, 11 de abril de 2016.- Como vimos facendo desde fai xa doce anos, o 16 de abril celebraremos no Recinto Feiral de Vegadeo (A Veiga) a XII Gran Cea Baile da Fundación Edes.

A Cea Baile é para nós unha oportunidade de celebrar o apoio e a solidariedade da comarca. Coa recaudación tratamos, cada ano, de ir completando o financiamento necesario de apoio da comarca porque aínda que solicitamos todos os anos subvenciones en diferentes convocatorias públicas e privadas, aquelas que se aproban non logran cubrir o total necesario para implementar os programas de formación, participación, conciliación e emprego que levamos a cabo.

Esta festa organízase grazas á colaboración de máis de 140 entidades da comarca: concellos, empresas, asociacións, e de máis de 1500 persoas que compran a súa entrada, sumándose a maioría ao encontro e a festa.

Será no recinto feiral de Vegadeo, dando comezo ás 21:30 horas coa cea-lunch e posteriormente coa música e o baile a cargo dela orquesta Essencia, que de forma solidaria colabora con este evento.

O prezo da entrada é de 12 €, gratuita para os menores de 12 anos e as entradas pódense adquirir en distintos establecementos colaboradores repartidos por toda a comarca e que mencionamos unhas liñas máis abaixo.

Durante a Cea-Baile instálase todos os anos un stand para ofrecer información sobre os programas e facilitar outras formas de colaboración para aquelas persoas que así o desexen.

Os lugares de venda das entradas poden consultarse na seguinte ligazón: http://www.fundacionedes.org/novedades/page.php?numero=673

Exit mobile version