Site icon Crónica3.com A Mariña

Chantaxe e dignidade

Escarállome cando fala a xente de que se piden cousas irreais, de que vivimos nun mundo de piruleta ao pensar o que pensamos porque a vida é dura e as cousas non caen do ceo e hai que traballar e traballar e éncheselles tanto a boca que non ven máis aló do seufuciño.

É lamentar calquera medida para frear as desigualdades ou que devolva a todos os seres humanos a pouca dignidade que lles poida quedar e un exercito de zombies, tirar á cabeza porque o que non pode ser non pode ser. Ese é o argumento máis real, de onde vai saír o diñeiro e que o que non pode ser non pode ser porque as cousas non son así. Resulta que o maior foi simplemente que o que pediamos non se podía realizar. Nada máis aló. É máis fácil que alguén se morra de fame que un rico pague os impostos que lle corresponden e non garde o diñeiro en Suiza ou Panama.

E eu ríome. Porque resulta que agora o difícil é que ninguén se morra de fame e que todo o mundo teña un lugar onde comer e algo que levarse á boca. E o fácil é que se morran miles de persoas no mundo por fame, que morran de enfermidades que aquí se curarían cunha visita ao médico, que haxa escravos en case todos os recunchos do mundo. Resulta que agora o fácil é que haxa millóns de desprazados en guerras porque é o que hai pero asegurar que nun país como este todo o mundo teña unha vida digna é imposible.

Claro que é imposible. Cando pides esas cousas botar encima Europa e o capital e fan que sexa imposible. Non é imposible per se. É imposible porque é un chantaxe continuo. Si gobernas par a xente o poder económico Europeo dáche as costas. Si gobernas para o poder económico danche unhas migallas. E de aí non se pode saír, porque si non fas o que eles piden, afúndente.

Chantaxe e dignidade son as dúas palabras máis importante neste mollo. Dignidade a que se arrebata á xente e chantaxe ao que nos teñen sometidos. Ou xogas o meu xogo e perdes ou simplemente perdes.

Otero Regal.

Exit mobile version