Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla en Burela no Día do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz

charla-deporteO Salón de Conferencias de Burela acollía este mércores unha charla-coloquio dirixida por David Mariña, osteópata e fisioterapeuta especializado en Terrapia Manipulativa Articular e Fisoterapia Deportiva. Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Deportes, subliña que “David fixo fincapé na importancia de adecuar a alimentación á nosa actividade física, a necesidade de personalizar e a importancia de manter sempre un equilibrio entre a enerxía que lle aportamos ao corpo e a enerxía que consumimos. Foi sen dúbida unha charla-coloquio moi clarificadora e de gran utilidade para todos os asistentes”. Esta actividade está enmarcada dentro do programa que as Concellerías de Deportes e de Medio Ambiente organizaron para conmemorar o Día do Deporte para o Desenrolo e a Paz.

Exit mobile version