Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre a anulación das “cláusulas solo”

A Asociación Cidadá Contra a Letra Pequena – Con Lupa organiza unha charla informativa sobre a anulación das cláusulas solo coa colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial. Xabier Novo, vicepresidente da asociación, e o avogado Patricio Viveiro, falarán da Sentenza do Tribunal Supremo, a sinatura da hipoteca, as sentenzas favorables a recuperar o capital espoliado e sobre a forma de reclamar ao banco a súa devolución íntegra. A charla terá lugar o xoves 28 de abril no Cenima de Foz a partir das 19.30 horas.

Exit mobile version