Site icon Crónica3.com A Mariña

Cinco podios para Salto do Coro no zonal de bádminton escolar da Terra Chá

badmintonOs alumnos da Asociación Salto do Coro seguen dando alegrías. Mondoñedo acollía o sábado 23 de abril o zonal de bádminton da Terra Cha no que participaban 12 alumnos das escolas da Asociación.

Na categoría benjamín Antón quedaba campión da Terra Cha, destacando tamén nesta categoría a participación de Diego, Pablo, Jorge e Xabi. Na categoría cadete os alumnos da Asociación coparon os tres primeiros postos sendo Pablo primeiro, David segundo e Joel, tercero. E, en infantil, o campión foi Adrián.

Como novidade, habilitábase unha categoría benxamín non competitiva na que se modificaron as reglas de saque e a altura da rede para facilitar a participación dos alumnos. Destacar nesta categoría o segundo posto de Adriana e o terceiro de Noa en rapazas; e o segundo posto de Dario entre os rapaces.

Á entrega de medallas acudiron Manuel Tapia, concelleiro de Deportes; Manolo Cadramón, xefe do Servizo Provincial de Deportes; Alberto García, concelleiro de Xuventude e Educación; Juan Somoza, coordinador da zona de deporte escolar da Terra Cha; e José Gómez, vicepresidente da Asociación Salto do Coro.

Exit mobile version