Site icon Crónica3.com A Mariña

Coidado cos salvapatrias

A historia deste pais esta chea de salvapatrias. Si unha situación era insufrible, sempre aparecía un salvapatrias que a convertía en inaguantable. É o vello conto, pero seguimos nas mesmas xa que os salvapatrias aparecen cando os cidadans desalentanse o desánimo parece máis forte que a vontade de vencer. Voceiros, santons, iluminados, profetas e portavoces de calquera divinidade inventada atopan o seu caldo de cultivo na falta de esperanza.

Hoxe en dia moitra tropa quérennos presentar un panorama de derrota, un campo cheo de cardos convertido en areal improductivo baixo un ceo ceniciento e sen auga para regar. Queren que deixemos caer os brazos, nos arrodillemos chorando e supliquemos que os deuses envíennos un salvador, como as rans da charqueira pedindo rei.

Hai políticos corruptos, e empresarios, e mangantes de todo tipo e en todas partes, incluso os cidadáns, todos colaboramos co noso graiño de area, ese de non me deas factura e quítame o IVA. Hai xente mala, hai asasinos e sádicos, e acosadores, hai ponzoña por todas partes, pero a maioría dos seres humans son solidarios co grupo e compunxidos ante a maldade, a maioría dos campos son fértis ou serven para producir alimentos a variadas especies ou humidade para que chova noutro lugar. É certo que o pesimismo vén servido nas bandexas das noticias cotiás, a corrupción dos nosos gobernantes fainos rabiar, a situación á que estamos sometendo ao poboo sirio fainos chorar, a destrución interesada das sociedades que vivían organizadas, ao seu xeito en Afganistán, Iraq, Libia e demais países impunemente intrusados, non enche de ira. A destrución do planeta nos descaralla. E todo ten unha soa orixe nos aciagos intereses crematísticos de gobernantes vendidos a multinacionais, agora chamadas corporacións, para despistar.

Quen se rende dá por perdida a batalla, pero no lodo que nos afundiron sempre loitan mellor os malos, os inhumans, eses que só miran números en constante movemento querendo iñorar que detráis de cada pantalla hai pícaros buscando nas lixo urban.

Creo que corremos un serio perigo, porque o descrédito da política, cando é tan brutal como agora, abre portas ao fascismo, aos salvapatrias populistas.

Exit mobile version