Dentro da programación cultural organizada pola C.M.V.M.C de Cangas para este mes de abril, o domingo día 10, a partir das 19.00 horas, achegarase ao Centro Social a Coral do Hospital de Lugo para ofrecer un concerto con pezas de América do Sur e Galiza. Por unha banda, interpretarán “Canción mixteca”, “Bullerengue”, “Juramento”, “Jacinto Chiclana”, “Camino del indio”, “El día que me quieras”, “Carnavalito quebradeño” e “Canción con todos”. E, pola outra, “Canción do temporal”, “Quen puidera namorala”, “Negra sombra”, “Terra Meiga”, “Zapatos de chiculate”, “Eu caseime por un ano” e “Os cregos e os taberneiros”.