Fernando Clares e Antonio Rincón do IES Miguel de Cervantes de Murcia, son os mestres que participan nesta saída formativa. Trátase dun centro que pertence ao consorcio de 19 centros educativos que coordina Apaga.
Álvaro Doural lembrou hoxe que “outros tres profesores membros da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) atópanse nunha nova estancia formativa en Croacia dentro do programa Conocimiento e innovación en la Formación Profesional. José Luis Carballido, do IES A Sangriña de A Guarda; Manuel Martín Vidal, do CIFP Coroso de Ribeira; e Juan José López, do IES de Fene levan xa en Zagreb uns días e alí permanecerán ata o 24 de abril. Son cinco as xornadas que van estar na Elektrostrojarska Obrtnicka “visitando empresas do sector do automóbil, outros centros educativos e tamén impartirán varias clases sobre vehículos híbridos e vehículos que utilizan o hidróxeno como combustible”, segundo explica o presidente de APAGA.
Álvaro Doural engade que “estes profesores levan abundante material didáctico para doar a esta escola de formación profesional. Está previsto que manteñan unha xuntanza coa asociación de empresarios do automóbil de Zagreb. Tentarán realizar contactos con empresas para poder enviar a alumnos dos seus centros o vindeiro curso. E outro tema importante que van abordar nos centros que visiten será a formación profesional non formal e os proxectos para emprendedores”.