
A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para este venres 8 de abril unha actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas. Teatro Ghazafelhos puxo en escea “CONTOS DE LOBO” na primeira das actuacións previstas polo programa. Uns 120 nenos e nenas do CEIP Pedro Caselles Román asitiron a esta representación, que se desenvolveu a partires das 11.00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.