O nadador do Xove quedaba cun sabor agridoce; xa que, tras gañar en natación e vencer en esgrima e rematar a Bonus Round cun cuarto posto en hípica saían en posición de medalla, pero un fallo no tiro da combinada cando marchaban na segunda posición relegábaos ao cuarto posto. Con 1416 puntos, só os separaban 8 do bronce. Aínda así este posto clasifícaos para a gran final da “SERIES MUNDIAIS” que tera lugar nos Estados Unidos.
Rodríguez, 62 veces internacional con España ata a data, foi entrevistado xunto á súa compañeira pola televisión húngara onde o pentatlón é un dos deportes nacionais e achacaba o fallo que tiveron posiblemente á presión e lembraba que a competición era así e aínda que era o “MELLOR POSTO DA HISTORIA DO EQUIPO DE SUBSTITUCIÓN ESPAÑOLA EN COPA DO MUNDO” sempre che queda un resquicio. Lembraba tamén que, tras chegar a Hungría, despois de padecer un forte episodio gripal, empezaba a recuperar aos poucos a plena funcionalidade pulmonar xa que, sendo asmático bronquial de nacemento, necesita unha maior recuperación. O luns atopábase moito mellor e aínda que ambos os pentatletas valoran positivamente o posto lembraban que unha medalla sería un gran colofón a sumar.
Doutra banda os técnicos da Federación Galega lembraban que Rodríguez ten no seu poder un ouro, unha prata e un bronce en Campionatos de Europa, varias finais en Campionatos do mundo e Copa do mundo e como esgrimista é o único galego que ten no seu haber unha Copa do Rei máis dúas pratas e un bronce na competción, ademais de 6 campionatos nacionais sendo 3 deles en elite.