Site icon Crónica3.com A Mariña

Cuarta etapa do Camiño para Pasada das Cabras e Terras de Lourenzá

O vindeiro sábado 9 de abril as Asociacións Pasada das Cabras de Burela máis Terras de Lourenzá realizarán a cuarta Etapa do Camiño Norte de Santiago dende Lousada a Martiñán (16 quilómetros). O prezo será de 20 euros para os socios e de 25 para os que non o son e inclúe autobús, comida e seguro. A saída de Burela farase ás 08.00 horas da Estacion de Autobuses. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves 7 de abril ás 20.00 horas.

Exit mobile version