Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Burela denuncia o abandono no que o goberno municipal socialista ten a estrada da Marosa

sinalBurela 25 de abril de 2016.- Hoxe en día a imaxe dun pobo é a súa tarxeta de presentación, xunto coa hospitalidade da súa xente, claro está. En Burela a segunda parte está garantida, non así a primeira. CxG Burela ven denunciando situacións que afectan enormemente a imaxe de Burela e o goberno do PSOE non se preocupa, non pasa nada, “circo e prensa” é a poltica de Alfredo Llano. Pero o certo é que neste campo pouco se cambiou. Hoxe CxG quere públicamente denunciar o total abandono da estrada da Marosa:

-Bandas arrincadas e sen repoñer.
-Sinais podres.
-Paus de sinal sen indicadores.
-Quitamedos golpeados (neste senso o seguro do coche faise responsable – se se reclama, claro).
-Sinais caidos.
-Baches.

O que podería ser un reclamo turístico, que de feito o é, esta así de coidado. Xa non valen as culpas ó PP, tiveron tempo de arranxar isto. E vamos permitirnos parafrasear o propio PSOE de Burela que o 2 de maio de 2013 (fai casi 3 anos) dicía: “recordámoslles que o soldo que se puxeron será para algo, normalmente o soldo percíbese por facer un traballo e se este non se fai pois non se cobra” (nota do PSOE de Burela en cronica3 o 2/5/13) COMO CAMBIOU O CONTO. Ben, en CxG sabemos que só cambiaron os nomes, as políticas son parecidas.

Exit mobile version