Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Burela di que Alfredo Llano e o PSOE voltan a mentir, en referencia ao chan industrial na vila

Burela, 13 de abril de 2016.- “Traballaremos para que as empresas teñan un solo industrial accesible en Burela, para que estas se asenten no polígono do Perdouro, no Berbés e o porto comercial, tentaremos darlle unha solución ó solo da antiga fábrica de Gres”. Isto é o que dicían os socialistas de Burela fai un ano, está no seu programa, que amablemente chegou á casa dos veciños e veciñas de Burela. Unha vez máis CxG Burela pode asegurar hoxe que o Alcalde e o seu equipo dicían MENTIRA.

“La oferta excesiva de suelo industrial en la comarca hace que en estos momentos no sea una prioridad crear espacio industrial para asentar empresas” estas declaracións son do Sr. Llano este mércores na prensa, como sempre as promesas de este político son papel mollado (encoro de Rúa, municipalizar servicios, cambios na variante, plan de emprego, polígono, cambios puntuais do PXOM). Que mudou en 11 meses? Dende CxG entendemos que nada, soamentes a súa nula capacidade de xestión:

-O chan industrial é o mesmo na comarca hoxe que cando prometeron o contrario.

-Burela necesita solo industrial xa non para asentar empresas senon que para que non marchen as que temos. Xa marcharon moitas ós concellos veciños.

-Pretende Alfredo Llano asentar empresas con 15.000€ de investimento en emprego?

A realidade é que o Sr. Llano fai estas declaracións en clave de eleccións autonómicas, xa que está a buscar unha saída cómoda, posto que non controla o seu propio grupo municipal, e como proba a tardanza dos orzamentos. Con humildade recomendamos ó Alcalde que cumpra coa palabra dada e que se quere ser Parlamentario que non xogue cos intereses de Burela.

Exit mobile version