Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Burela esixe ao goberno local “a inmediata actuación na zona do paseo da Marosa”

paseo-burelaBurela, 20 de abril de 2016.- CxG Burela esixe ao goberno de Burela “a inmediata actuación na zona do paseo da Marosa que rompeu o temporal”.

O 9 de febreiro deste ano, xa fai máis de dous meses, o alcalde comprometía unha actuación nesta zona, “despois de percorrer con membros do goberno o noso litoral” pero a realidade é que a situación 71 días despos é a mesma: os cascotes e restos seguen tirados, a zona esta sen acordoar e non se fixo ningunha actuación.

CxG pide a actuación inmediata porque consideramos que na localización dos estragos existe unha situación real de risco. Ademais de que a situación dana sensiblemente a imaxe da vila, dando sensación de abandono. “De nada vale un lema rimbombante e moito roll up, se quen nos visita atopa esta imaxe”.

Juan Carlos Piñeiro Docampo considera que se trata “dunha clara deixadez de funcións do equipo de goberno que non é capaz de xestionar actuacións que requiren un execución inmediata. Porque aínda que seña competencia de outra administración o Concello sempre debe actuar para evitar riscos. Para iso si que o ampara a lei”.

Exit mobile version