Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG pregúntase polas políticas de emprego do PSOE de Burela

Burela, 6 de abril de 2016.- Fai unhas datas a prensa recollia que Burela era o Concello campión do paro: “Un de cada tres parados da Mariña é de Burela” dende CxG demandabamos políticas activas de emprego, non nos fixeron caso.

“Vimos denunciando que o Sr. Llano imcumpre sistemáticamente os seus compromisos electorais, aínda que para nos non é sorpresa.

Este xoves o goberno socialista de Burela aproba por fin os orzamentos, cando xa deberían levar catro meses, mostra da súa capacidade de xestión; e venden como gran logro que destinan 15.000€ para fomento de emprego e formación. Dende CxG denunciamos públicamente que isto é unha miseria e que non servirá de nada”. Como mostra:

– 15.000 € é soamente o 33% do que cobra o alcalde.
– 15.000 € é o 16% do custe do goberno local, sen dietas e outros gastos.
– 15.000 € son 41 € de investimento diario en emprego e formación.
– 15.000 € son 0,059 € por parado por día no noso concello.

Por estes datos afirmamos que a política de emprego do Sr. Llano é de miseria. No programa do PSOE citase “o emprego será a nosa maior prioridade”. Dende CxG agora sabemos que é MENTIRA, as cifras falan por si soas.

Ningún paso para asentar empresas, ningún paso para ter dotación industrial. Se o Sr. Llano e o seu equipo teñen previsto solucionar o desemprego con 5 céntimos por parado algo falla en Galicia.

Exit mobile version