Site icon Crónica3.com A Mariña

Dano do Boiro sobre o Ribadeo (0-3)

O Boiro non afrouxa. Sen respiro, anotaba no minuto 5 no Pepe Barrera e no 27 volvía a sumar de penalti trala expulsión de Dapo de vermella directa por agarrar a Rivera.

Con 10 no terreo de xogo, o Ribadeo non era capaz de crear perigo, pero intentaba evitar unha goleada. No minuto 54 anotarían de novo os visitantes para colocar o definitivo 0-3.

O Boiro continúa líder, mentres que o Ribadeo cae á cola.

A vindeira xornada os celestes reciben ao Arousa que ocupa a sétima posición da táboa.

Exit mobile version