Site icon Crónica3.com A Mariña

Día da Terra en Burela

flores-burelaBurela celebraba este venres 22 de abril o Día da Terra plantando un macizo con alegrías con todos os rapaces que se achegaron ao parque Rosalía de Castro. Noelía María Ben, a concelleira de Medio Ambiente, explicou que ”nos pareceu unha boa maneira de conmemorar este día tan importante. Cada rapaz plantou unha planta no parque, como símbolo de respecto pola natureza. Esperamos que así os máis pequenos do pobo se impliquen no coidado e respecto das zonas verdes”.

Exit mobile version