A asociación TA EN ARTES propón dous obradoiros de plástica en torno ao retrato para nenas e nenos de tódalas idades este sábado 16 de abril a partir das 12.00 horas diante do CINEMA dentro das actividades da Semana da Arte na Mariña: CATIVARIO levado por Paz Quiroga e MENUDOS RETRATOS que levará Rosa López. Ademais realizará unha acción plástica cos mais maiores sobre o seu lema, QUEREMOS ARTE. As prazas son limitadas e deben inscribirse previamente no enderezo electrónico: taenartes@gmail.com. Este mesmo día e durante toda a xornada, artistas da Mariña estarán facendo retratos a quen se achegue ao CENIMA.