Patricia Álvares (panadeira), Adrían Ben (atleta), Moncho Bermúdez (músico), Flor Chao (do colectivo “Fraga das Saímas”), Andrés Díaz (Práctico de Porto), Xoel Eijo (estudante), Alba Fernández (do colectivo Aspanane), Suso Fernández (concelleiro de Educación), Margaret Licklider (lectora de inglés), Cristina L. Felipe (xornalista), Teresa Penabad (presidenta da Coral “Alborada”) e Xosé M. Vázquez “Leman” ( hosteleiro), recitarán 12 poemas de Manuel María.
O acto iniciarase coa lectura de “Manuel María en Viveiro”, un texto que recolle as colaboracións do poeta nos actos culturais da Vila; proxectaranse vídeos realizados por Abella Albo e escoitarase a interpretación de “O carro” por parte do Coro do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro dirixido polo profesor Álvarez Neira.