Site icon Crónica3.com A Mariña

Escolares da comarca visitan o Cenima de Foz na Semana das Artes Plásticas da Mariña

arte-ceinmaXa pasaron dous días e a exposición “6 diálogos por educar” recibía no Cenima de Foz alumnado do Colexio Martínez Otero, do Pilar de Foz e do IES de Alfoz.

Está sendo unha experiencia moi agradable e satisfactoria para as persoas que guían na visita, están moi contentos do interese e responsabilidade que mostra o alumnado e tamén da súa capacidade para ver e entender aos artistas. Están seguros de estar enriquecéndose tamén eles polas visións que aportan este alumnado.

“Aproveitamos estas liñas para mostrar o noso agradecemento a todo o profesorado dos centros educativos que fai o esforzo de preparar nas clases estas visitas, que logo nos axuda na visita e de volta ás súas clases procura sacar conclusións e enriquecer con actividades esta experiencia. Son sen dúbida xunto cos artistas que colaboran nesta exposición e no resto de actividades arredor do arte deste mes de abril, os verdadeiros artífices do seu éxito”, segundo manifesta o equipo da Semana das Artes: Pedro Cabarcos, Daniel Caxigueiro e Xerardo López.

Exit mobile version