Site icon Crónica3.com A Mariña

Esta semana está aberta a inscrición nos “Bailes de salón”, que organiza a Concellería de Servizos Sociais de Burela

CARTEL-page-001Burela, 11 de abril de 2016.- O vindeiro 19 de abril darán comezo os Bailes de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais. A edil Patricia Otero explica que “ao longo desta semana aquelas persoas interesadas en acudir a esta actividade poden achegarse ata a Casa do Concello para inscribirse”.

Os Bailes de salón impartiranse na Casa da Cultura os martes ata o 26 de xullo. Será en tres quendas, del 18:45 a 20:00 horas, de 20:00 a 21:15 horas e de 21:15 a 22:30 horas.

Os interesados en obter máis información e/ou aclaracións poden chamar ao seguinte número de teléfono 982 58 06 09.

Exit mobile version