Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado continúan as III Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz coas probas de xogos populares

olimpiadaS 2Alfoz, 29 de abril de 2016.- Este sábado continúan as probas das III Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz. Desta volta tócalle o turno á derradeira proba deste ano dedicada aos xogos populares.

As diferentes parroquias estarán representadas por equipos mixtos de 5 compoñentes, repartíndose en catro xogos diferentes: carreira de rolos de palla, carreira de sacos, recollida de carocas e carreira de carretillas.

En cada proba, os equipos clasificados en 1º lugar obterán 50 puntos na clasificación xeral; o 2º clasificado obterá 40 puntos; os clasificados en 3º e 4º lugar obterán 30 puntos, e o resto obterán todos 20 puntos.

No caso de que exista un empate entre parroquias en algún dos postos da clasificación xeral, farase unha proba de desempate consistente no TIRO Á CORDA, no que participarán os 5 compoñentes do equipo, gañando o que consiga arrastrar ó outro equipo ata unha marca previamente establecida.

Exit mobile version