Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado organizouse en Mondoñedo o preparatorio para o zonal de bádminton da Terra Cha

DSC_0201Mondoñedo, 11 de abril de 2016.- Este sábado organizouse en Mondoñedo o preparatorio para o zonal de bádminton da Terra Cha onde participaron nenos de Vilalba, Bretoña e Mondoñedo en categorías benxamín non competitivo, benxamín, alevín masculino e feminino, infantil masculino e cadete masculino.

A Delegación de Deportes pode rendibilizar con estas actividades e coas clases os gastos en material deportivo para dita sección da Asociación Deportiva Salto do Coro.

A Asociación Deportiva Salto do Coro e a Delegación de Deportes organizarán o clasificatorio de bádminton da Terra Cha o próximo día 23 deste mes en Mondoñedo, proba enmarcada dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.

Exit mobile version