Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz, Plataforma de Futuro presenta moción para instar ao Concello a sinalizar as rúas de Forxán de Abaixo

Foz, 6 de abril de 2016.- O Grupo Municipal de “Foz Plataforma de Futuro”, Luís Alfonso Sixto Legaspi,Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro municipal Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Na zona de Forxán, mais concretamente a zona coñecida como Forxán de abaixo, (é dicir a zona que comprende dende a estrada xeral ata a zona do litoral),nos últimos anos procedeuse a dar nome ás distintas rúas que dan servizo a este barrio do noso Concello, podemos nomear por exemplo: Rúa do Brasil, Rúa de México, etc,etc, e así varias. Con todo moi poucos veciños coñecen estes novos nomes e moito menos se sabería a que rúas pertencen.Tendo en conta que esta zona nos últimos anos veu incrementada a súa poboación considerablemente, ademais de ser moi transitada por veciños e turistas, e que estas rúas posúen nome propiamente dito ,entendemos que deberíamos proceder á súa sinalización.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar ó equipo de goberno doConcello de Foz a proceder á sinalización mediante placas, sinales, etc. das distintas rúas existentes na zona de Forxán de abaixo.

Exit mobile version