Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF solicita ó equipo de goberno de Foz que procedan a sinalizar o local social de Santa Cecilia, dar solución ás beirarrúas esvaradías da prolongación Garcia Lorca, e limpar as zonas das areas recreativas de Peizás, Pampillosa e paseo de Riosmar

Foz, 13 de abril de 2016.- Neste pasado pleno do Concello de Foz do 07 de Abril,“Foz,Plataforma de Futuro” presentou tres rogos ó alcalde e o seu equipo de Goberno para a súa realización no menor tempo posible.

O primeiro rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e ó seu equipo de Goberno que procedan a sinalizar na estrada xeral que vai dende foz a Ferreira en ámbalas dúas direccións o local social de Santa Cecilia.

O segundo rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno que procedan a dar solución ás beirarrúas da rúa prolongación García Lorca, xa que cando chove xa se produciron numerosas caídas por ser moi esvaradías, entendemos que hai produtos para evitar este problema.

E o terceiro rogo solicitámoslle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno procedan a limpezadas áreas recreativas de Peizás,Pampillosa e paseo de Riosmar, áreas que pasaron a semana Santa nun estado de abandono total.

Neste Pleno tamén “Foz,Plataforma de Futuro” realizou tres preguntas:
– ¿En que estado e que noticias hai sobre a reparación da N-642? xa que o tramo que discorre polo Concello de Foz podemos comprobar como se parou de reparar na parroquia de Fazouro e o treito que está nun estado lamentable como é o de Nois e mais Arealonga non se actuou sobre él.

Resposta:En principio executouse a primeira anualidade que era ata o límite de Fazouro e mais un tramo no límite con Burela e na seguinte anualidade iría ese tramo.

Dende FPF nos parece rirse dos veciños que os técnicos fixeran a primeira anualidade deixando ese tramo sen facer e por parte do noso Alcalde unha deixades absoluta e falta de preocupación nun tema de tanta importancia para o noso Concello e a Mariña en xeral.

-Queremos saber onde está a marquesiña que había diante da farmacia de Nois, e ó mesmo tempo queremos saber si se vai volver a colocar e onde?.

Resposta:A marquesiña está gardada na nave municipal, e vai volver a colocarse cando estea rematada a entrada da finca, posiblemente sexa mais pequena por falta de espazo.

-“No último pleno desta Corporación do mes de Febreiro, FPF preguntaba sobre un escrito que a asociación de veciños de San Acisclo rexistrara no Concello, dúas veces durante o ano pasado, solicitando un informe policial sobre a seguridade dunha marquesiña colocada nesta parroquia,( a resposta do Alcalde foi: o informe esta feito e nos vindeiros días recibiran dito informe), a data de hoxe esa asociación non recibiu dita resposta, volvemos a preguntar por ese informe xa que pasaron eses días que o Alcalde nos manifestou na súa contestación do ultimo pleno, e aproveitamos, o mesmo tempo, para preguntar por unha moción que foi debatida e aprobada  por unanimidade no pleno do mes de setembro sobre o uso público duns terreos nesta parroquia na mesma zoa, gustaríanos saber en que estado se atopa esa moción e si se tivo resposta por parte da Consellería afectada.”

Resposta: O informe de seguridade viaria que tiñan pedido os veciños enviaráselles nos vindeiros días xa que está feito (mesma resposta que fai un mes) e sobre a moción presentada e aprobada en pleno dicir que foi enviada á Xunta de Galicia e non se recibiu contestación aínda.

Exit mobile version