Site icon Crónica3.com A Mariña

Gran vitoria do Burela Pescados Rubén en Valencia (2-4)

levante_burelafs_J27Burela, 8 de abril de 2016.- Gran vitoria do Burela Pescados Rubén en Valencia onde conquistou tres valiosos puntos para seguir soñando co Play Off polo título. A escuadra burelesa derrotou por 2-4 ao Levante UD que acariñou a remontada pero estrelouse co acerto laranxa e as intervencións de Álex.

O choque comezou cun Burela Pescados Rubén atrevido e intenso que anulou o empuxe levantino durante os primeiros compases. O premio burelao chegou por mediación de Iago Rodríguez que tras recibir de costas na frontal do área logra virarse e perforar a meta local. O 0-1 reforzou a confianza visitante que con boa circulación de balón e movilidade conseguía ameazar a meta defendida por Yeray. Apenas xeraba inquietude o ataque levantino ante a seguridade mariñá e de novo Iago Rodríguez erixiuse en protagonista marcando o 0-2, minuto 9. O Levante intentaba reaccionar sen éxito e os burelaos gozaron de ocasións para estirar a súa vantaxe. Perdoou o Burela Pescados Rubén e ao bordo do descanso Charlie meteu ao Levante no partido marcando o 1-2 co que se chegou ao descanso.

Tralo paso por vestiarios trocáronse os papeis. O Levante saíu con forza e ao Burela custáballe manter o nivel da primeira parte. Tras varios avisos chegou o empate local por mediación de Márquez. O 2-2 e a súa afección aumentou as revolucións do Levante que confiaba na remontada. Pola súa banda os mariñaos, tras uns minutos de acoso local, lograron conter a reacción valenciana con sacrificio e compromiso colectivo. Co empate chegouse ao sprint final. Nos minutos da verdade o Burela xestioou mellor as súas opcións e Chano marcou o 2-3 que danou a liña de flotación levantina. Tivo opción de empatar o Levante desde o dobrepenalti pero Álex detivo o lanzamento para instantes despois sentenciar o partido marcando o definitivo 2-4 que permite seguir soñando co Play Off. 

Ficha técnica
Levante UDDM: Yeray, Márquez, Kiko, Álex Oviaño, Hugo –cinco inicial- David Ruiz, Borja Milán, Pichi, Sena, Charlie, Diego.
CD Burela FS Pescados Rubén: Álex, Bellvert, Iago Rodríguez, Carlitos, Chino –cinco inicial- Isi, Iago Míguez, Antoñito, Renato, Chano.
Goles: 0-1, m3, Iago Rodríguez, 0-2, m.9, Iago Rodríguez; 1-2, m.19, Charlie; 2-2, m.31, Márquez; 2-3, m.38, Chano; 2-4, m.39, Álex.
Árbitros: Rodrigo Miguel, Sánchez Molina. Amosaron cartón amarelo a David Ruiz, Borja Milán, Álex Oviaño e Sena no Levante UD e no Burela Pescados Rubén a Iago Rodríguez e Bellvert.
Incidencias: Partido correspondente á 27ª xornada da Primera División da LNFS disputado en El Cabanyal de Valencia.

Exit mobile version