Site icon Crónica3.com A Mariña

Iria e Ainara Rodríguez, campioa galega benxamín e bronce infantil de 1000 en ruta

A nome da atleta benxamín do Maderas Barcia Lourenzá, Iria Rodríguez, segue dando moito que falar esta temporada, porque ó recente título do galego de 1000 en pista cuberta, acaba de sumar o título autonómico este pasado domingo 10 de abril en Sada no Cto. Galego de 1000 metros en ruta.

Desprazábanse varios atletas con marca ó galego, nunhas carreiras numerosísimas con máis de 80 corredores por categoría.

Ademais, outro metal volvía para terras laurentinas de man da que tampouco soe errar nestas citas, a infantil Ainara Rodríguez cunha nova medalla de bronce.

Benxamín Feminino
1ª – Iria Rodríguez cun tempo de 3:56. 6ª foi a súa compañeira Henar Méndez cun 4:12.

Alevín Masculino
12º posto para Ian Méndez cun tempo de 3:48

Cadete Masculino
17º posto con un 3:24

Infantil Feminino
3ª – Ainara Rodríguez cun tempo de 3:17; no mesmo tempo que a 2º clasificada Degnesh Mato (Millaraio) e cunha entrada en meta moi axustada e ambas a 4 segundos da vencedora Lucía Portela (Tui).

5ª e con outro fenomenal rexistro entraba tamén a laurentina Ana Vallines (3:20).

Xana Rodríguez vence na Camovi de Viveiro
A xuvenil de primeiro ano Xana Rodríguez, de 16 anos, debutaba nunha proba de montaña o pasado domingo en Viveiro logrando a vitoria na proba dos 10 kilómetros invertindo 1 hora e 13 minutos a un ritmo de 7,12 percorrendo os montes de Viveiro.

Xana destacaba ata agora en categorías inferiores como unha gran velocista e vallista, logrando diversos campionatos provinciais nestas categorías. Agora seguirá centrándose neste novo reto: as carreiras de montaña.

Exit mobile version