Presidiu o acto Dª. Rocío López García (alcaldesa do Concello de Lourenzá) e don Pablo Maseda Fernández (como presidente das Escolas), acompañados tamén do deputado autonómico e fundador das Escolas no ano 1996 D. Vidal Martínez Sierra, os expresidentes Benito Pérez e Antonio Recalde, os directivos das Escolas, os patrocinadores e os presidentes ou delegados dos clubs que dunha ou outra forma están vinculados coas Escolas Lourenzá: Atletismo Lourenzá, Mondoñedo Fc, Salto do Coro, 7 Voltas Ciclismo e Ensino Lugo (estivo nin máis nin menos que o míster de Liga Feminina-2: D. Juan Nécega Rguez.)
Coincide este acto nun ano no que as Escolas están de XX aniversario; polo que se fixo un repaso e un resume de todas as etapas, que tamén saen reflexadas na colección de cromos:
Falaron Vidal Martínez, Benito Pérez, Antonio Recalde e por último a actual alcaldesa Rocío López.
Comezamos coa primeira etapa, no ano 1996, onde con Ángel Hermida de presidente (aínda que onte non pode estar aquí por encontrarse de viaxe) e Vidal Martínez-Sierra como no seu momento Concelleiro de Deportes e impulsor da iniciativa.
Chegamos así ó ano 1999/2000 onde estas Escolas estarían presididas por Benito Pérez Soto.
E paso a paso estamos xa no 2004 e con dous turnos de mandato chegaría como presi ata o ano 2011 Antonio Recalde Seivane.
E xa no 2012 convencimos para ocupar este posto ó actual presidente que o ano pasado renovou mandato: Pablo Maseda Fdez.
Logo pechou o acto a Alcaldesa Dª. Rocío López que felicitou ás Escolas polo XX Aniversario e animou e comprometeuse a seguir apoiando ás mesmas e a todas a familia que componen a seguir disfrutando dos éxitos deportivos dos que disfrutan.