Site icon Crónica3.com A Mariña

Maxia polas rúas en Ribadeo

O Concello de Ribadeo aposta pola maxia neste segunda trimestre do 2016. Con motivo da celebración do Mes da Maxia que organiza a Asociación de Mag@s Afeccionad@s da Mariña, encontraranse nas rúas ribadenses diversos espectáculos máxicos este próximo sábado 9 de abril: unha actuación no cruce das catro rúas, ás 18.00 horas, e unha segunda ás 19.30 horas na Praza de Abastos. Ribadeo encherase de maxia para facer aínda máis encantador un paseo no serán polo centro.

Exit mobile version