Site icon Crónica3.com A Mariña

MINIMALTEATRO presenta “Cumpleaños” polo Día do Libro en Burela

A celebración do día do libro remóntase a principios de século. A historia do libro faise festiva e xorden actividades literarias en toda España. O día 23 de abril celébrase en todo o mundo, o DÍA DO LIBRO.

A Delegación Municipal de Cultura de Burela, presenta para o venres 22 e o sábado 23, unha proposta teatral a cargo de MINIMALTEATRO, “Cumpleaños”.

A orixe do día do Libro remóntase a 1930. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron ou morreron outros escritores eminentes como Maurice Druon, K.Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla… Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alertar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irremprazable contribución dos creadores o progreso social e cultural.

En 1995, aprobouse proclamar o 23 de abril de cada ano o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor.

“Cumpleaños” é espectáculo conmemorativo do IV Centenario de Cervantes e Shakespeare, achéganos os textos máis emblemáticos, recoñecidos e simpáticos dos dous xenios universais.

A representación, esta destinada a todos os públicos, o venres será ás 21.00 horas e o sábado será ás 19.00 horas. A entrada será de 5 euros.

Exit mobile version