Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo acolle esta fin de semana as xornadas de arquitectura ‘As humidades nos muros da fábrica’

pres-xornadas-mondoMondoñedo, 7 de abril de 2016.- O Concello de Mondoñedo promove as xornadas de arquitectura ‘As humidades nos muros da fábrica, solucións modernas e solucións tradicionais’, que se celebrarán os próximos días 9 e 10 de abril no Casino de Mondoñedo e que organiza a asociación Espiga Biocontrucción, o Círculo de Recreo Casino de Mondoñedo e Oficina de Rehabilitación de Mondoñedo.

A rexedora, a popular Elena Candia, agradeceu a oportunidade que a organización lle concedeu ao Goberno local para colaborar coas xornadas. Destacou ademais a súa pretensión de que Mondoñedo “sexa un referente en rehabilitación”.

As xornadas
As xornadas abordarán o problema das humidades nos muros de fábrica tradicionais propoñendo diferentes solucións. Durante a celebración das xornadas de arquitectura realizaranse diferentes actividades, entre elas relatorios, visitas técnicas e un obradoiro. As prazas para o obradoiro son limitadas e a inscrición para todas as actividades é de balde.
As inscricións poderán realizarse no seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/1shk3TrDU0TCW6ihxcJjmSvm2kjaKmxG_r2DW0S0Hz_M/viewform ou ben enviando un correo electrónico a arquitecturamondonedo@gmail.com.

É preciso indicar se a asistencia é para os dous días ou un solo e facilitar o nome, apelidos, teléfono e correo electrónico.

O sábado desde as 09:45 horas falarase sobre os procesos patolóxicos nos muros de fábrica debidos á auga, así como das solucións técnicas na rehabilitación e impermebealización dos edificios. Pola tarde faranse visitas técnicas. O domingo haberá un obradoiro que versará sobre os revocos tradicionais de cal.

Exit mobile version