Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo será escenario do galego de dúatlon escolar

Mondoñedo acollerá o próximo 7 de maio entre as 16.30 e as 20.30 horas a proba do galego de Dúatlon en idade escolar do programa Xogade da Xunta coa participación de 280 rapaces e rapazas de seis categorías.

A Alameda dos Remedios será a saída e meta das probas das diferentes categorías ás que lles corresponden as seguintes distancias:

– Categoría benxamín: 0,5 km de carreira a pé – 2 km en bicicleta – 250 m de carreira a pé
– Categoría alevín: 1 km de carreira a pé – 4 km en bicicleta – 500 m de carreira a pé
– Categoría infantil: 1.5 km de carreira a pé – 6 km en bicicleta –750 m de carreira a pé
– Categoría cadete: 2 km de carreira a pé – 8 km en bicicleta – 1 km de carreira a pé

A recollida de dorsais poderase realizar na carpa de organización, nas inmediacións da transición, dende unha hora antes do comezo da primeira saída, ás 16.30 horas, e ata 15 minutos antes da saída da mesma (ata as 16.15 horas).

Os tres primeiros clasificados/as de cada categoría recibirán cadansúa medalla.

Inscricións
A inscrición poderá realizarse ata o mércores, 4 de maio, enviando o formulario cuberto á Federación Galega de Triatlón a través do correo-e: fegatri@hotmail.com.

Á presentación, que se realizou nas instalación deportivas do Concello de Mondoñedo, acudiron Manolo Cadramón, Xefe do Servizo Provincial de Deportes; Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo; Manuel Tapia, Concelleiro de Deportes; Alberto García, concelleiro de Xuventude; Francisco Villanueva, presidente da Federación Galega de Tríatlon; e Ramiro Chao, presidente da Asociación Salto do Coro.

Patrocina:
Concello de Mondoñedo
Deputación Provincial de Lugo

Colabora:
A.D. Tri-penta Terras de Lugo
A.D. Salto do Coro
Secretaría Xeral para o Deporte Xunta de Galicia
Fundación Deporte Galego.

Exit mobile version