Site icon Crónica3.com A Mariña

Na asemblea extraordinaria de socios de Amadores da Música de Ribadeo para elixir nova xunta directiva non se presentou ningunha candidatura

Ribadeo, 3 de abril de 2016.- A asociación Amadores da Música, de Ribadeo, celebrou asemblea extraordinaria de socios este sábado para elixir nova xunta directiva, pero non se presentou ningunha candidatura.

Ante esta situación a directiva en funcións anunciou que convocará aos socios e sociais a unha nova asemblea extraordinaria “nun breve prazo de tempo a través de carta personalizada, co obxecto de que se forme unha nova directiva. De non presentarse ningunha candidatura en dita asemblea iniciaranse os trámites establecidos no artigo 23 da asociación para a disolución da mesma”.

Exit mobile version