Dos tres fillos nados en Foz, dous finaron cedo.Ó primeiro dedicou o soneto: “Fillo do corazón, que nas meniñas / dos teus ollos levache os meus amores,/ descansa eternamente sobre flores,/ que non tei olvidar entre as espiñas…/Pido que a triste vida se me acorte: millor quero ir para o camposanto /que vivir recordando a túa morte!”.
Unha tarde que dormía a sesta, en coarto mesmo enriba da cociña, de súpeto o espertou o ruído duns cacharros de barro que Ramona fregaba no aguadeiro da cociña.O estourido fixo que o poeta berrase:”¿Qué foi eso,Ramona?”— “O demo, Noriega, o demo”. Así naceo o poema:” Das millentas falcatrúas/ que nos fan e que facemos/ ¿a quén se bota a culpa/na miña parroquia?: ó demo./O demo apaga os candiles,/ o demo queima os palleiros./ Entra o demo nunha casa / e anda todo ós catro ventos/.… él é quen me tenta a mín sempre que publico versos;/ i-ás mozas que están pra diante/ tamén as tentou o demo”.
Xa ausente de Foz (1911), cada ano volvía ó San Lourenzo. En ocasión que paseaba polo peirao víu como seu vello amigo Pedro, fotógrafo “do minuto”, instalaba os bártulos de traballo diante dunha chavola que facía de matadoiro e carnicería. Tra-lo saúdo de rigor, o poeta dixo ó amigo: ”El premio Nobel mereces/Pedro, por tus fechorías, /pues donde degüellan reses haces las fotografías”.