Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo vehículo contra incendios forestais para o Concello de Cervo

anti-incendios-cervoCervo, 6 de abril 2016. O Concello de Cervo conta cun novo vehículo contra incendios forestais cedido pola Vicepresidencia da Xunta que completa o equipamento para emerxencias.

O alcalde, Alfonso Villares, anuncia que “o Concello de Cervo acaba de adquirir outro vehículo para emerxencias, neste caso trátase dun vehículo contra incendios forestais. Hai que agradecerlle outra vez á Xunta de Galicia en concreto a súa Vicepresidencia a cesión deste vehículo”.
Alfonso Villares describe que “é un vehículo que ten dobre cabina, de 2.400 litros, de fabricación galega e cunha protección no seu perímetro que creo que tamén é importante destacar”.

O rexedor cervense engade que “é un vehículo que completa o equipamento do servizo de emerxencias municipal co que conta o Concello de Cervo, que xa tiña un camión contra incendios urbano e nestes últimos meses recibimos unha furgoneta polivalente. É un material que pasa a engrosar as emerxencias do GES de Cervo, vehículos todos dados pola Consellería de Presidencia”.

O alcalde subliña que “o GES de Cervo aparte de estar formado por grandes profesionais, capitaneados por Mario Antuña, tamén ten un equipo de emerxencias dotado con tódolos vehículos necesarios para saír en calquera eventualidade. Creo que é importante destacalo e que o saiban tódolos veciños”.

Exit mobile version