
Burela, 8 de abril de 2016.- Na mañá deste venres alumnos do IES Monte Castelo e do IES Perdouro de Burela recibiron unha charla de Educación vial para ciclistas, que foi impartida pola Policía Local. Con esta actividade os rapaces aprenderon como teñen que circular cando se desprazan en bici e qué elementos de seguridade son imprescindibles. Desde as Concellerías de Deportes e Medio Ambiente subliñan que “é moi importante que os ciclistas circulen do xeito máis seguro posible, que coñezan como teñen que sinalizar os seus desprazamentos, xa que en moitas ocasións os accidentes débense a un descoñecemento das normas de circulación”. Esta actividade forma parte da programación que as Concellerías de Deportes e Medio Ambiente organizaron para conmemorar o Día do Deporte. Os seus titulares Ramiro Fernández e Noelia Mª Ben acompañaron á Policía Local esta mañá.