Site icon Crónica3.com A Mariña

O CCA de Foz repartirá flores o 29 e o 30 de abril entre @s que merquen para o Día da Nai no comercio asociado

ccafoz-floresFoz, 21 de abril de 2016. O comercio focense repartirá flores entre @s clientes que fagan as súas compras do día da nai nalgunhas das tendas asociadas durante os días 29 e 30 de abril. A campaña foi presentada por José Ginzo, vicepresidente de ACIA/CCA de Foz, e por Purificación García, vogal da directiva.

“O que queremos é ter un detalle, un pequeno obsequio, para aquelas persoas que nesta data, no día da nai, elixan o comercio tradicional e próximo de Foz para facer as súas compras”, sinalan desde a directiva do Centro Comercial Aberto de Foz. “E animámoslles a que sigan utilizando o cartón do comercio de Foz e así acumulen máis descontos para as súas próximas compras”, engaden.

Desde o Centro Comercial Aberto lembran que “en Foz poden atopar todo o que precisen para obsequiar ás nais o próximo 1 de maio”.

Exit mobile version