A charla foi impartida polo Formador da Garda Civil de Lugo, Ramón Peña Pérez, que durante unha hora falou sobre o acoso escolar, o ciberbullying, o sexting, e as precaucións que debemos ter á hora de publicar fotos na rede, así como as novas APPs que utilizan os xóvenes pero descoñecen moitos pais como o Snapchat, entre outras.
A conferencia forma parte do programa que ven desenvolvendo Educando en Familia ao longo do curso coa finalidade de concienciar a tódolos membros da familia sobre os problemas que poden afectar os nenos en idade escolar. A responsable de Educando en Familia, Encarna Santos, invitou a toda a comunidade escolar de San Cosme a participar deste acto que se desenvolveu nas instalacións do Ceip.