Site icon Crónica3.com A Mariña

O comité de empresa de Vestas solidarízase coa plantilla de Conservas Antonio Alonso

8 de abril de 2016.- O comité de empresa de Vestas quere manifestar a súa Solidariedade coas traballadoras e traballadores de Conservas Alonso. Expresamos o noso rexeite ó peche deste centro, apoiamos as reivindicacións do persoal, e sumaremonos ás mobilizacións que decidan levar a cabo para intentar paralizar as pretensións da empresa.

O ano pasado por estas datas, atopabámonos nunha situacion similar que levou a 32 compañeiros e compañeiras á rua. Nos recibimos un gran apoio do pobo, de instuticións publicas, así como de organización sociais e política, có fin de intentar salvar a situación, por todo o cal estamos moi agradecidos. Esperemos que se consiga que a Conserveira non peche, tanto pola perda dos 41 postos de traballo actuais, como a posibilidade de emprego futura.

A perda de emprego na Comarca da Mariña, tanto reducións de persoal, como por peche de empresas, ven sendo unha sangría. No de Viveiro levamos moitos postos de traballo perdidos nestes últimos anos.

Agardamos que esta situación non sexa irreversible e poidamos salvar a conserveira que leva moitos anos funcionando en Celeiro e que xa forma parte da sua historia.

Debemos parar o peche. Moitos animos e moita forza.

Exit mobile version