Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros convida a achegarse aos libros coa mostra ‘!!Abril… libros mil!!’

abril-librosBarreiros, 5 de abril 2016. O Concello organiza unha exposición de libros durante este mes de abril con motivo da celebración do Día Internacional do Libro o vindeiro día 23.

A Concellería de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal organizan este mes una exposición titulada ¡¡Abril…Libros Mil!! Con motivo da celebración o pasado día 2 do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o vindeiro día 23 do Día Internacional do Libro.

A mostra recolle as novidades e os libros máis lidos da Biblioteca e pode visitarse na propia Biblioteca, situada no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.

Esta exposición permanecerá aberta ata o vindeiro día 29. A Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal convidan a todos a visitala e a aproveitar estas datas á achegarse aos libros a través da lectura.

Exit mobile version